Alejo Amoedo, pianista
Especializado no repertorio de compositores/as galegos/as, realiza estudios de acompañamento vocal en Madrid co lendario pianista Miguel Zanetti. Alejo é doutor pola Universitat Politècnica de Valencia (2019).
A súa ampla traxectoria, no eido da música de cámara, levouno á realización de numerosos recitais nos que destaca a estrea de obras de Carlos López García-Picos, Rogelio Groba, Luís Carro, Juan Durán, Margarita Viso, Miguel Brotóns, María Mendoza, entre outros.
Dos seus traballos discográficos destacan o triplo CD Antoloxía de Compositores Galegos (Ouvirmos, 2013), xunto ao clarinetista Asterio Leiva; Mélodies (Mans, 2012), con Iria Cuevas, mezzosoprano; Cantos que veñen de lonxe (Eme, 2014), poemas de Xosé Neira Vilas, musicados por Xervasio Vázquez, coa voz de Cesáreo Torres; Evocación (Dos Acordes, 2016), coa obra para piano só de Reveriano Soutullo; Cantos á natureza (Fervenzas, 2018), coas voces de Susana de Lorenzo e Cesáreo Torres, textos póstumos de Xosé Neira Vilas musicados polos compositores/as Juan Durán, Margarita Viso, María Mendoza, Xabier Comesanha e Paulino Pereiro; Saudades d’alborada. Baladas e zarzuelas galegas (Dos Acordes, 2021), xunto á soprano Loli Crespo; (di) Versos Femeninos (RDC, 2022) coa mezzosoprano Nuria Lorenzo e a música de Juan Durán, producido por Antonio Cid; No meu peito (Dos Acordes, 2023) xunto á soprano, Loli Crespo; e o mais recente, o LP en vinilo de 12 polgadas, A mansión dos anxos. Música de Salón de compositores pontevedreses do XIX e XX (Dos Acordes, 2024) para piano só.
Exerceu de pianista acompañante nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo; na Escola Superior de Música e dás Artes do Espectáculo de Porto (Portugal); e na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Pertence ao Corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia na especialidade de Repertorio para Piano con Instrumentos, con destino no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Foi galardoado co «Premio da Crítica de Galicia» (2021) e co «Premio da Música Gregorio Baudot» (2022), este último concedido pola Sociedade Artística Ferrolana.
É integrante do colectivo cultural Pertenza, asesor da Fundación Reveriano Soutullo e membro fundador da Irmandade da Música Galega. No 2022 foi elixido membro electivo do Plenario do Consello da Cultura Galega, nomeado vogal da súa Comisión Executiva, así como director do Arquivo Sonoro de Galicia.
Ingresou como académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes (2024) lendo o discurso “Reveriano Soutullo Otero (1880 – 1932). «Música de Salón» con piano no alborexar do século XX”.
Recentemente foi elixido membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses (2024).
Alejo Amoedo, pianista
Nacido en Quintela (Redondela) o 23 de abril de 1966, comeza os primeiros estudos de lectura musical co seu pai e con Amador Pérez Zabaleta en Saxamonde, parroquia redondelana onde pasou a súa nenez. Finaliza con altas cualificacións as carreiras de piano e música de cámara nos conservatorios de Pontevedra e Vigo, baixo as directrices de José Luís Pastoriza, Jesús Fernández Yepes e Josefa Estarque, especializándose en Madrid no acompañamento vocal co lendario pianista Miguel Zanetti.
Realizou o Máster en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo (2013). Dende decembro de 2019 é doutor pola Universitat Politècnica de València, presentando a tese «El piano en la obra de Reveriano Soutullo Otero (1880-1932)», cualificada con sobresaliente cum laude, traballo dirixido polos doutores Javier Jurado e Pilar Ramos, tutelada pola doutora Teresa Cháfer.
Forma parte, como colaborador externo, do equipo de traballo do I+D: «Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Ciudades do Eixe Atlántico (HAR2015-64024-R) )» da Universidade de Santiago de Compostela.
Como froito da súa actividade investigadora destacamos os seguintes traballos: Dúas obras inéditas para piano só dos compositores Felipe Paz Carbajal e Enrique Lens Viera, Deputación de Pontevedra (2012); As bandas civís de música en Galicia como vehículo dinamizador da nosa cultura musical e social; reflexións. Deputación de Pontevedra (2014); Vigo: Leitmotiv en la vida del compositor Reveriano Soutullo. Instituto de Estudios Vigueses (2016); Dúas melodías galegas para canto e piano de Reveriano Soutullo: as súas primeiras achegas á cultura galega. Deputación de Pontevedra (2018); A obra de Reveriano Soutullo no Arquivo da Banda Garrote de Ortigueira. A Banda Garrote: música e músicos en Ortigueira. Dos Acordes (2020); A música na Escola de Artes Oficios e a familia Soutullo. Concello de Vigo (2021); Mónico García de la Parra, pedagogo e compositor. Orquesta Clásica de Vigo (2022). As partituras con música de Reveriano Soutullo: En noche de luna. Seis piezas fáciles para piano solo. Dos Acordes (2014); Dúas melodías galegas para voz e piano. Dos Acordes (2016); e En la playa. Colección de bailes fáciles para piano. Dos Acordes (2018), entre outras.
É notable a súa participación na prensa Faro de Vigo e no semanario Sermos Galiza do Nós Diario, na sección de música Notas do Mar Levado, con artigos musicais de índole histórico, tendo a Galicia como eixo principal.
Como dúo de pianos, xunto o pianista Carlos Pérez, obtivo os seguintes galardóns: «Primeira Medalla» no Concours Musical de France, celebrado en Girona, e posteriormente o segundo premio na final celebrada en París (1996); «Diploma de Honor» no Torneo Internacionale di Musica, celebrado en Zaragoza (1996). Tamén foi premiado co «Premio Círculo 2004» na modalidade de música, concedido polo Círculo Recreativo e Cultural de O Porriño (2004); o «Premio da Crítica de Galicia» no apartado de música (2021); e «Premio da Música Gregorio Baudot», concedido pola Sociedade Artística Ferrolana (2022).
Da súa actividade docente, en centros públicos, destacamos: Profesor Titular de Linguaxe Musical e Piano do Conservatorio de Música de O Porriño (1987-1993); Profesor Pianista Acompañante no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra (1993-1994), na que exerceu o cargo de Secretario Académico; Profesor Pianista Acompañante do Conservatorio Superior de Música de Vigo (1994-2003), sendo durante varios anos Xefe do Departamento de Piano Acompañante; Profesor Pianista Acompañante do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (2003-2004), centro no que exerceu os cargos de Vicedirector e Xefe do Departamento de Tecla; Profesor Pianista Acompañante do Conservatorio Superior de Música de Vigo (2004-2018); Pianista Acompañante da Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo de Porto (Portugal) (2004-2006); Pianista Acompañante da Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago de Compostela (2006-2011); dende 2018 ata a actualidade pertence ao corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia na especialidade de Repertorio con Piano para Instrumentos, con destino no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
É un dos integrantes do colectivo cultural Pertenza, asociación que fixo a proposta e iniciou os primeiros trámites para que o Pergamiño Vindel, do trobador Martín Códax, estivese exposto en Galicia, feito que se fixo realidade no ano 2017-2018 no Museo do Mar de Galicia, visitado por mais de 50.000 persoas. Asesor da Fundación Reveriano Soutullo Otero, coa que colaborou na organización de simposios, publicacións, gravacións, concertos, etc., participando como xurado no seu concurso nacional de piano «Mestre Soutullo». Tamén é membro fundador da Irmandade da Música Galega, que ten como obxectivo a preservación e divulgación da música galega.
Pertenceu a Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega (2018-2019) e posteriormente a Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do mesmo organismo (2019-2022). No 2022 foi elixido membro electivo do Plenario do Consello da Cultura Galega e nomeado vogal da súa Comisión Executiva, así como director do Arquivo Sonoro de Galicia.
Ingresou como académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes (2024) lendo o discurso “Reveriano Soutullo Otero (1880 – 1932). «Música de Salón» con piano no alborexar do século XX”.
Recentemente foi elixido membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses (2024).
Como pianista destaca a súa participación en multitude de cursos de especialización e concursos en diferentes países, con profesionais como Walter Boeykens, Helena Lazarska, Vera Mamleew, Pedro Lavirgen, Jens Bjørn-Larsen, Eric Hoeprich, Hakan Hardenberger, Scott Hartman, Alan Baer, Allen Vizzuti, Erik Terwilliger, Steven Mead, Benjamín Moreno, David Fiuza, Carles Riera, Fernando Balboa, Javier Castaño, Fernando Raña, Francisco Martínez, José Rodríguez, Esteban Batallán, Nena Marcowich, Javier Simó, Rubén Simeó, Gabor Meszaros, Jon Etterbeek, Petur Eiriksson, Jordi Ortega, Roberto Bodí, Steven Devolver, José Manuel Redondo, Eduardo Nogueroles, Adolfo Caride, Venancio Rius, Maximino Zumalave, Josu Elberdin, Javier Busto, entre outros/as.
Ten correpetido numerosas óperas, zarzuelas, oratorios, etc., con directores/as da talla de Helmuth Rilling, Victor Pablo Pérez, Max Pommer, Juan Carlos Dorgambide, Maximino Zumalave, Miguel Ortega, Arvo Volmer, Margarita Guerra, Francisco Rey Rivero, Antonio Paz Valverde, Francisco Gago, Juan Lois Diéguez, Ferreira Lobos, Manuel Teixeira, Roberto Foré, Fernando Vázquez Arias, Javier Viceiro, José Luís Vázquez, Julio Domínguez, Libor Pesek, Joan Company, Joam Trillo, Joaquín Carvajal, Francisco Pérez, Manuel Martínez, Christian Losada, José Iglesias Ramilo, Nanette Sánchez, Rogelio Groba Otero, Casiano Mouriño, María Domínguez, Sonia Bouzada, Javier Santalices, José Antonio Irastorga, Alberto Abal, Bruno Díaz, Javier Alonso e Isidro Betancourt.
Entre algúns dos músicos/as que acompañou cabe destacar aos clarinetistas Javier Vidal, Francisco Pérez, Asterio Leiva, Walter Boeykens, Antonio Budiño, Vicente Alberola, Esteban Valverde, Luís Miguel Méndez, Massimo Mazzone, Cándido Lorenzo, César Posada, Armando Viñas, Iván Maia, Santiago Comesaña, Paula Castro, Rosa María Campos, Amelia Ónega, Noelia Barros, Uxía Bolaño, Victor Fernández; aos contrabaixistas Antonio Castillo e Carlos Méndez; aos tubistas Ramilo Tejero, Jens Bjørn-Larsen, Alan Baer, Carlos Díaz, César Núñez, Sergio Finca, Oscar Abellá, Jonathan Vázquez; aos trompistas David Fernández Alonso, Gustavo Castro, Daniel Otero, Pablo Lago e Pedro Pintos; aos trompetistas Adán Delgado, Adrián Viñas, Alejandro Vázquez, Benjamín Dorado, Esteban Batallán, José Rodríguez Ramos, Francisco Mora, Frits Damrow, Guillermo Sabarís, Javier González Lamas, Luís Miguel Crespo, Luís González Amosa, Luís Serrapio, Manuel Davila, Moisés Álvarez, Jorge Manuel Ferreira, José Forte, Roberto Bolaño, Rodrigo Iglesias, Rubén Simeó, Santiago Mella e Victor Vilariño; aos oboistas Ricardo Pazo, Avelino Ferreira, Cristian Schmitt, Cristina Gómez, Raquel Alves, Roberto Baltar, David Garrido, Esteban Vaquero e Ismael Vaquero; aos frautistas César Concheiro, Julio Cabo, Miguel de Santiago, Laurent Blaiteau e Luís Soto; aos gaiteiros Henrique Otero, Abraham Cupeiro, Diego Mariño, Jandro Barciela, Lucía Comesaña e Isidro Vidal; aos saxofonistas Celso Otero, Francisco Martínez, Juán Otero, Julio Álvarez e Pablo Estellés; aos trombonistas Daniel Portas, Daniel Ruibal, Jesús Vicente Monzó, Luís Juncal, Santiago Blanco, Simeón Gadulf, Iago Ríos, Nicolás Leiro e Unai Urrecho; aos bombardinistas Eduardo Díz, Ignacio Fernández, Francisco Valcárcel, Manuel Iglesias Ramilo, Matt Tropman e Steven Mead; aos violinistas Andrea Rubio, Leonardo Blanco, Marina Quintillán e Sergio Heredia; ás sopranos Alba López, Anna Mélikhova, Beatriz Riobó, Beatriz Vázquez, Begoña Salgueiro, Carmen Subrido, Carolina Pérez, Clara Panach, Liliana Nogueira, Lola Bosson, María Uríz, Marina Penas, Mónica de Nut, Patricia Rodríguez, Teresa Novoa, Susana de Lorenzo, Susana Pérez Vázquez, Andrea Búa, Virginia Blanco, Eduvigis Sánchez, Carmen Solís, Helena de Alfonso, Laura Alonso, Marta de Castro, M.ª Dolores Crespo, Irina Bunkova, Tatiana Sajarova, Indra Cesti e Teresa Iglesias; ás mezzosopranos Iria Cuevas, Mabel Peresltain e Nuria Lorenzo; aos tenores Cesáreo Torres, Enrique Martínez, Enrique Tuche, José Antonio Campo, Juan Abalde, Julio Fernández, Pedro Chaves, Tony de Soto e Valeriano Ganguebeli; aos barítonos José Luís Vázquez, Rodrigo Esteves, Eliseu Mera, Gabriel Alonso, Luis Santana, Pablo Nieves e Francisco Martínez; aos zanfoñistas Anxo Pintos e Lucía Comesaña; e un longo etc.
Acompañou, entre outros, aos seguintes grupos vocais: Coral Polifónica A'Marosa de Canido, Coral Casablanca de Vigo, Coro de Cámara Ars Musicae de Pontevedra, Coral Polifónica do Real Club Náutico de Vigo, Camerata ad Libitum, Coro Universitario de Santiago de Compostela, Collegium Compostellanum, Coral Polifónica Baiona A Real, Coro da Sinfónica de Galicia, Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia, Coro do Liceo de Vilagarcía de Arousa, Coral Polifónica de O Porriño, Orfeón Porriñés, Coral Polifónica de A Cañiza, Coro Cidade de Vigo da O.N.C.E, Coro de Cámara Thalassa de Marín, Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán, Coral Polifónica da Asociación Veciñal Cultural Recreativa San Mamede de Zamáns, Coral Rosalía de Castro do Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Pontevedra, Coral Polifónica de Arbo, Sociedade Coral Polifónica Monte da Mina de Castrelos, Coral Polifónica de Pontevedra, Coral Atlántica de Matamá, Coral Polifónica de Teis, Coral da Cofradía de Mariñeiros San Martiño do O Grove, Obradoiro Vocal A Vila de Ponteareas, Coral Ureca de Vigo, Coral Polifónica El Eco de A Coruña, Coro Clásico de Vigo, Asociación Coral Polifónica do C.V.C. de Valladares, Coral de Maria Auxiliadora, Coral O Piñeiral de Chapela, Orfeón Rey Rivero, Coral Polifónica de Soutomaior, Coral Polifónica Estradense, Coro Asubío de Santiago de Compostela, Tolemia’s Consort, Coro Voces Graves de Vigo e Coro de Cámara Rías Baixas.
Tamén participou como pianista nas seguintes agrupacións: Orquestra de Cámara de Pontevedra, Orquestra de Cámara Melidá, Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara Sinfonietta de Vigo, Orquestra Clásica de Vigo, Orquestra de Cámara Galega, Orquestra Sinfónica de Galicia, Banda de Música de Pontevedra, Banda de Música de Salceda de Caselas, Banda da Agrupación Musical de O Rosal, Banda de Música Municipal de A Coruña, Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela e a Banda de Música da Escola de Viana do Castelo.
Estreou obras dos compositores/as, tales como, Rogelio Groba, Carlos López García-Picos, Francisco Rey Rivero, Luís Carro, Antonio Paz Valverde, Juan Durán, Alfredo Oliveira, Paulino Pereiro, Julio Domínguez, Eligio Vila, Carlos Cambeiro, Margarita Viso, Joam Trillo, Miguel Brotóns, Julius Andrejevas, Sebastián Paz, Manuel Alejandre Prada, Juan Eiras, Gabriel Bussi, Xabier Comesanha, José Luís do Pico Orjais, Octavio Vázquez, Ángel Montes, Fernando Ruibal, María Mendoza e Juan Pérez Berná, entre outros/as.
Dos seus traballos discográficos destacan o triplo CD Antoloxía de Compositores Galegos (Ouvirmos, 2013), xunto ao clarinetista Asterio Leiva; os realizados xunto ao trompetista Rubén Simeó, Ensueño (2004), Virtuosimo Barroco (2011), Fantasy Trumpet (2012) e Trumpet Comtemporary (2013), producidos en Portugal por Jose Lourenço; Café 1930 (Mans, 2007), xunto ao bombardinista, Ignacio Fernández; E Logo? (Mans, 2008) co trompetista Marcos Fernández; Adagio cantábile (Mans, 2009) ao carón do trompista Pablo Lago; Mélodies (Mans, 2012), xunto á mezzosoprano Iria Cuevas; Retallos (Mans, 2013), co trompetista Moisés Álvarez; Cantos que veñen de lonxe (Eme, 2014), poemas de Xosé Neira Vilas, musicados por Xervasio Vázquez, coa voz de Cesáreo Torres; 1997 (Mans, 2016), co trompista Daniel Otero; Evocación (Dos Acordes, 2016), coa obra para piano só de Reveriano Soutullo; Cantos á natureza (Fervenzas, 2018), coa soprano Susana de Lorenzo e o tenor Cesáreo Torres, con textos póstumos de Xosé Neira Vilas e musicado polos compositores e compositoras, Juan Durán, Margarita Viso, María Mendoza, Xabier Comesanha e Paulino Pereiro; Meraki (Direct Disc, 2021), gravado nos estudios Mans de A Coruña xunto ao trompetista Rodrigo Iglesias; Saudades d’alborada. Baladas e zarzuelas galegas (Dos Acordes, 2021), coa soprano Dolores Crespo; (di) Versos Femeninos (RDC, 2022) coa mezzosoprano Nuria Lorenzo e a música de Juan Durán, producido por Antonio Cid; No meu peito (Dos Acordes, 2023) xunto á soprano, Loli Crespo; e o mais recente, LP en vinilo de 12 polgadas, A mansión dos anxos. Música de Salón de compositores pontevedreses do XIX e XX (Dos Acordes, 2024) para piano só.